FAITE AMOVIDALOVER

21xuñ20:00Teatro Amador: 'Noitebras'ESPECTÁCULOS | Caixa inversa20:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

O pasado sábado 3 de xuño, deu comezo, no Auditorio Municipal, o I Certame de Teatro Amador baixo o nome de Te Ama Vigo. Estenderase ata o 29 do mesmo mes, cun total de trece actuacións de trece compañías distintas.

Nesta ocasión, a representación é Noitebras, da compañía de teatro homónima.

SINOPSE

Segundo a Real Academia Galega: “Noitebra”. Substantivo feminino.
1a acepción: Calquera ave nocturna, coma o moucho, a curuxa, etc.
2a acepción: Escuridade da noite.

Un home ten recluida a unha muller sen estar moi claro o motivo. Tanto el coma ela parecen ter asuntos que ocultarse que tarde ou cedo irán saíndo á luz. Aínda que a muller é a prisioneira, non tardará en decatarse de que ten máis poder sobre o seu raptor do que pensaba e decidirá utilizalo para intentar manexar a estraña situación na que se ve envolta. As identidades das personaxes e a súa relación non están claras para o espectador, que asistirá a un duelo entre eles por tomar o control da situación.

SOBRE NOITEBRAS TEATRO

Os intérpretes e autores de Noitebras Teatro, inician a súa traxectoria teatral na Escola Municipal de Teatro de Vigo, coa que representaron diversas obras durante varios anos. En 2022, deciden montar un grupo de teatro amador: Noitebras Teatro. Esta experiencia escénica compleméntase coa autoría, montaxe e representación de varias pezas dramáticas propias: Busco Muller (2022), Noitebras (2023), Amordiscos (2023) e Mentalmorbose (2024). Ademais das actuacións en diferentes salas e teatros de Galicia, Noitebras Teatro foron seleccionados e actuaron nos seguintes festivais, mostras e certames de teatro amador en España e Europa:

  • VII Mostra de Teatro Breve de Noia 2023. Noia (A Coruña)
  • II AMATERARTE Festival Nacional de Teatro Amateur de Guareña (Badajoz) 2023
  • XXIII FITAG Festival Internacional de Teatro Amateur de Girona (Girona) 2023
  • XVII Festival Teatro Amateur de Alegría-Dulantzi (Álava) 2023
  • VIII Mostra de Teatro Breve de Noia 2024. Noia (A Coruña) 2024
  • X Certamen Nacional de Teatro Aficionado de Aznalcóllar. (Sevilla) 2024
  • V BULULÚ Muestra de Teatro Español en Alemania. Frankfurt (Alemania) 2025

Detrás desta iniciativa están os Grupos de Teatro Amador de Vigo, que, na actualidade, están a preparar a documentación para converterse en asociación. Aínda que soe sorprendente, ata o de agora, as compañías locais de teatro non profesional non tiveron a oportunidade de actuar no Auditorio Municipal. Foi en xaneiro de 2024, nunha reunión co actual concelleiro de cultura, cando conseguiron chegar a un acordo. A proposta inicial por parte dos grupos vigueses da Federación Galega De Teatro Afeccionado (FEGATEA) era realizar dúas actuacións anuais de cada grupo, unha no centro da cidade e outra nos centros culturais colaboradores (sobre quince).

Hora

21 xuño, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events