>
Detalles do eventos
Hai días nos que a Juan se lle fai difícil ver como a súa nai, Clara, se vai esquecendo de quen é ela, de quen
Detalles do eventos
Hai días nos que a Juan se lle fai difícil ver como a súa nai, Clara, se vai esquecendo de quen é ela, de quen é o seu fillo, e só van quedando recordos de quen foi hai tempo. Juan desexaría espertar e descubrir que esta pesadela é unha broma, un mal soño, pero cando o fai míraa, escóitaa e sabe que, pouco a pouco, a vai perdendo para sempre, sen que poida facer nada para evitalo. E é entón cando desexa que a súa nai lle siga chamando polo seu nome, que o recoñeza e así poder acariñar o seu cabelo como cando era neno, sentindo que, quizais, ese día será mellor que o de onte, aínda que sabe que é un desexo que non se cumprirá
Hora
23 maio, 2026 20:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Concello de Vigo
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xuño



