Te como el papiloma

15dec19:00Te como el papilomaARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+01:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

Celebrando o seu 1º aniversario, Galería Maraca inaugura ‘Te como el papiloma’, unha exposición de Manuel Donada e algúns xoguetes traviesos de Watdafac Toys.

Manuel Donada é deseñador, ilustrador e toy maker, ademais do creador de Watdafac Toys, unha ‘fábrica’ independente de xoguetes feitos a man en edicións limitadas.

Desde que, en 1998, foi recoñecido por El País como “mellor artista emerxente”, M. Donada non parou nin un momento de crear personaxes.Traballou en Cartoon Network e para marcas como Nike, ademais de ser profesor no Instituto Europeo de Deseño e no museo ABC.

O seu traballo é unha mestura entre o cartoon clásico e unha anarquía consciente pero casi irracional. Un universo cargado de personaxes propios e bootlegs imposibles que mesturan o infantil co insolente e macarra. Un imaxinario que levou do papel á realidade creando Watdafac Toys, onde crea estes xoguetes incríbles e limitados.

Agora, despois de expoñer en países como Xapón, EEUU, Finlandia ou Australia, Galería Maraca trae o por primera vez o seu traballo a Galicia nesta exposición, que contará con máis de 200 ilustracións orixinais, ademais dunha ducia de figuras de Watdafac Toys. M. Donada estará na inauguración para charlar cos asistentes.

Xoves 15 ás 19:00

Entrada libre

Máis

Hora

(Xoves) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events