REVISTA ABRIL

'Te aviso si el mundo cambia' + 'El Pastor'

26feb20:00'Te aviso si el mundo cambia' + 'El Pastor'ESPECTÁCULOS | -20:00(GMT+01:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

Carmen Werner e Roberto Torres mantiveron unha estreita relación artística e profesional desde hai anos, cunha proximidade física e de ideas na creación de actividades tanto pedagóxicas como de propostas para a escena que deron como froito varios traballos en común.

Nesta ocasión as compañías Provisional Danza e Nómade preséntannos nun programa dobre as súas últimas creacións, dúas pezas unipersoais de dous grandes da danza: ‘Te aviso si el mundo cambia’ peza creada e interpretada por Carmen Werner estreada no Confin-Festival de Outono de Madrid 2020 e ‘El Pastor’ peza creada e interpretada por Roberto Torres estreada no FAM Festival das Artes do Movemento no Auditorio de Tenerife en xaneiro de 2021.

Os artistas pechan o XVIII Isto Ferve cun programa dobre.

  • Venres 25 de febreiro (20:00h)
  • Sábado 26 de febreiro (20:00h)
  • Domingo 27 de febreiro (20:00h)

Máis