REVISTA ABRIL

Tatuado nos ollos levamos o pouso

15ago20:45Tatuado nos ollos levamos o pousoACTIVIDADES PARA O COCO| De balde20:45(GMT+02:00) Praia de Cesantes

Detalles do eventos

 A enseada de San Simón segue a ser protagonista da última edición do festival Sinsal SON Estrella Galicia. Como peche do evento, este domingo 15 de agosto terá lugar a derradeira actividade paralela deste Sinsal Esencial. A lonxa de Cesantes, en Redondela, acollerá a presentación de Tatuado nos ollos levamos o pouso, a nova curtametraxe documental da cineasta redondelá Diana Toucedo, un traballo que produce Sinsalaudio coa participación do Concello de Redondela.

A proxección, que inicialmente estaba prevista para a última fin de semana do mes de xullo, pospúxose por un caso de positivo covid-19 na cofraría e retómase agora. Así, este domingo 15 de agosto, a directora dará a coñecer este proxecto, rodado en 16mm e dixital, acompañada das propias protagonistas do filme: as mariscadoras e mariñeiros que traballan e manteñen viva a tradición deste oficio na Confraría de San Xoán de Redondela.

O acto, que terá lugar ás 20.45 horas na lonxa de Cesantes, tmén contará coa participación do programador e xestor cultural Javier Trigales e da cantante e compositora BFlecha, quen colabora neste proxecto a través da súa música. O acceso á presentación será gratuíto, mais o público deberá retirar previamente a súa entrada, a partir das 20.15 horas, no propio edificio da lonxa. A acto poderá contar cun máximo de 150 persoas.

Máis

Hora

(Domingo) 20:45(GMT+02:00)

Localización

Praia de Cesantes

Paseo da Praia, 99, 36693 Redondela, Pontevedra

Other Events