OV430

13dec(dec 13)16:00Tarzán: o musicalESPECTÁCULOS | Desde 40,00 €16:00(GMT+01:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

A clásica historia, non de Disney, senón a orixinal en formato musical. Unha viaxe na que o romance entre un home “salvaxe” e unha dama “de ben” demóstranos qué é a verdadeira humanidade, e cómo as etiquetas sociais non son a mellor descrición do que está ben e o que está mal.

ENTRADAS AQUÍ

Hai tres funcións esta fin de semana:

  • Sábado 13: ás 16:00h e ás 19:30h
  • Domingo 14: ás 16:00h

SINOPSE

O conde de Greystoke (John Clayton III) é o único fillo dunha parella de aristócratas británicos asasinados a finais do século XIX tras o motín do barco no que viaxaban. John é adoptado por unha manda de gorilas, pero entra en conflito porque o xefe da manda non está de todo de acordo coa decisión de protección que esperta na mamá gorila. A pesar desta oposición, consegue quedar e medrar coa que será agora a súa nova familia: a manda de gorilas.

Nesa adolescencia adquire grandes habilidades físicas: aprende a saltar desde as árbores, a columpiarse polas lianas, é capaz de enfrontarse a calquera animal salvaxe para defender á súa familia… situacións que darán lugar a múltiples aventuras, á aparición de varias personaxes na acción e á execución de números musicais espectaculares.

Hora

13 decembro, 2025 16:00(GMT+01:00)