REVISTA ABRIL

Festival TerraCeo: Tanxugueiras e Kiko Veneno

19ago21:00Festival TerraCeo: Tanxugueiras e Kiko VenenoFESTIVAIS E FEIRAS21:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Un atardecer ao aire libre con vistas á Ría e a música de dúas propostas tan auténticas coma diferentes: a das galegas Tanxugueiras e a de Kiko Veneno. Será este 19 de agosto a partir das 20.30 horas. As entradas xa están á venda en www.teuticket.com.

Á programación da segunda edición do Festival TerraCeo súmase ademais un novo concerto de Rulo y la Contrabanda. O grupo esgotou entradas para o seu concerto do día 21 de agosto. E repetirá un día despois, no atardecer do 22 de agosto. Con estos concertos, xa son 45 os postos á venda para este verán para o Festival TerraCeo. A programación seguirá aumentando: serán alomenos 50 os concertos programados.

Tanxugueiras é un dos grupos musicais que máis atención están reclamando no panorama galego actual. Auto-defínense coma “mulleres fortes, valentes e empoderadas; cantareiras dunha nova década”. Dende a virtuosidade das súas voces re-visitan as músicas das pandeiteiras tradicionais. E fusiónanas con sonoridades modernas nunha proposta que está convocando o recoñecemento de públicos e medios en Galicia, España e Europa. Levan máis de 100 concertos dende o lanzamento do seu primeiro disco. E obtiveron diferentes recoñecementos tanto pola súa música coma polos seus vídeoclips, tan interesantes coma vanguardistas.

Kiko Veneno agasallou ao público de TerraCeo o pasado ano cun concerto, tamén en agosto, acariñado por un solpor especialmente bonito sobre a Ría. A súa presenza era reclamada polo público nesta segunda edición do Festival.

Tanxugueiras e Kiko Veneno están preparando para a ocasión varios temas interpretados de xeito conxunto, un feito inédito, que promete ser un dos grandes momentos do TerraCeo 2021.

Máis