xuño, 2019

15xuñ22:00Evento canceladoTANIA FUEGHOCONCERTO | Desde 8,00€22:00 La Fábrica de Chocolate

Máis

Detalles do evento

Tania Fuegho, cantante e compositora, 30 anos, natural de Mazaricos, xa desde pequena sentía inquietude por cantar, formouse en varias escolas de música e canto para ampliar a súa formación.
No ano 2007 e con 18 anos, preséntase a un concurso de Televisión de Galicia chamado “SON DE ESTRELAS”, onde queda como finalista. Tamén foi un gran impulso para ser máis coñecida entre o público galego e facerse sitio no mundo da música galega. Ao mesmo tempo combinaba os estudos de música coas aparicións e colaboracións en diferentes prgromaas da Televisión de Galicia, programas como “son de estrelas”, “son de verán”, “heicho cantar queridiña”, “ ou sofá”, (facendo un pequeno papel como actriz xunto a Isabel Risco) “bamboleo”, e “luar”.

No ano 2011 foi elixida para ser unha das voces dun anuncio para a FORTA (federación de organismos de radio e televisión autonómicas). No ano 2012 pasa a formar parte do xurado de Recantos, un concurso dentro do programa de Luar de Televisión de Galicia, e no que segue actualmente. No ano 2013 realiza diferentes duetos en directo co seu gran ídolo Mónica Naranjo e ata en catro ocasiones por petición da propia Mónica…

Tamén realiza varios duetos con outros artistas nacionais e internacionais recoñecidos como Albano, Francisco, Andy & Lucas, Camela, Angy…
Xa ten gravado un “Maxi Single” chamado “Emigrante”, composto por tres temas, “Emigrante” (coa colaboración do gran músico ANXO LOURENZO, “Todos a Santiago” , e tamén outra vez este mesmo tema “Todos a Santiago” cantado xunto a ALBERTO COMESAÑA,unha colaboración de luxo e peso para este primeiro traballo.
O maxisingle , está producido polo recoñecido produtor , músico e arreglista PEDRO GONZÁLEZ, integrante tamén de grupos como SEME UP ou SPIRITU 986 e produtor musical de formacións como Amizades Perigosas.
No ano 2015, entra na lista ELEGIDOS 45 de Arxentina chegando a conseguir os primeiros postos en numerosas ocasións e varios números 1 con temas como “ESTRELAS POR COMPARTIR” ou “EMIGRANTE”, (cantados en galego). En 2015 faise co premio a MELLOR SOLISTA ESPAÑOLA na radio arxentina elixidos45. No ano 2016 volve gañar na categoría de MELLOR INTERPRETACIÓN, despois de estar no TOP 10 durante 25 semanas. e alcanzar o número 1 co seu tema “O IMPOSIBLE”

Hora

(Sádado) 22:00

Lugar

La Fábrica de Chocolate

Calle de Rogelio Abalde 22, 36201, Vigo, Pontevedra, 36201 Vigo, Pontevedra

X