UNDERFEST

11out18:0018:30Tameiga recolle un século de lembranzas e saberes no libro `O agromar da memoria'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00 - 18:30(GMT+02:00) Centro Cultural As Pedriñas

Detalles do eventos

A parroquia de Mos Tameiga presenta o libro O agromar da memoria, que recupera un século de historia, tradición e identidade colectiva. A presentación terá lugar o sábado 11 de outubro, ás 18:00 horas, no CSCD As Pedriñas, cun acto no que haberá música en directo, contacontos e a participación das veciñas e veciños protagonistas do proxecto.

Promovido pola Comunidade de Montes de Tameiga e coordinado por Lorena Pinheiro, de Pensatempos, o proxecto Tameiga no tempo naceu hai dous anos como unha iniciativa comunitaria para fortalecer os vínculos veciñais e preservar a memoria da parroquia.

O resultado é o libro Tameiga: O agromar da memoria, froito de ano e medio de traballo, máis de 60 horas de conversas e a recollida de ampla documentación. A publicación reúne testemuños, lembranzas, anécdotas e saberes das persoas maiores da parroquia, abordando temas como a toponimia, a escola, as festas, o monte, a emigración, a guerra ou a industrialización. Entre os logros do proceso destaca a recuperación dos Cantos de Reis, unha tradición que renaceu grazas ás entrevistas e á memoria compartida.

Hora

11 outubro, 2025 18:00 - 18:30(GMT+02:00)

Localización

Centro Cultural As Pedriñas

Other Events