20feb17:30Taller-encontro 'ENTELAR MEMORIAS'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:30(GMT+01:00) MARCO
Detalles do eventos
Entear memorias é unha invitación aberta a entrelazar as nosas memorias. Un espazo de encontro para compartir, escoitar, contar e crear en grupo unha obra artística que reflicta esas
Detalles do eventos
Entear memorias é unha invitación aberta a entrelazar as nosas memorias. Un espazo de encontro para compartir, escoitar, contar e crear en grupo unha obra artística que reflicta esas historias persoais que nos definen. Ademais de ser unha forma de preservar os recordos, esta proposta é tamén un espazo de creación compartida.
A necesidade de crear é inherente a todas as persoas, e no contexto deste proxecto, convértese nunha vía para reflexionar sobre a contorna, sobre o impacto do consumo, sobre a urxencia de deternos a pensar no que temos e o que deixamos ir.
Pensar coas mans convértese nun acto de resistencia fronte á inmediatez, unha oportunidade para desentrañar a serenidade entre tanto ruído. No medio deste universo de emocións nace Entear Memorias: unha proposta que parte do persoal e que busca converterse nunha experiencia colectiva que se materialice a través da creación, para que as memorias poidan conectarse nun só tecido.
Entear Memorias é un proxecto de Patricia Gestoso Abraín, deseñadora de interiores e creadora interdisciplinar.
Conducido por Patricia Gestoso Abraín
Dirixido a persoas adultas. Non é necesaria formación ou experiencia previa.
Data e horario: venres 20 de febreiro, de 17.30 a 20.00
Lugar: Espazo Anexo
Imprescindible inscrición (antes do mércores 18 febreiro) enviando un email a comunicacion@marcovigo.com indicando nome + apelidos.
Hora
20 febreiro, 2026 17:30(GMT+01:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
marzo

