BIBOPALULA

07xuñ17:30Taller de iniciación ao porteoPEQUECHOS | De balde17:30(GMT+02:00) Centro Comercial Camelias

Detalles do eventos

O Centro Comercial Camelias dá a benvida ao mes de xuño cunha programación chea de actividades, talleres, exposicións e ata unha carreira de bebés que forman parte dunha axenda deseñada para todos os públicos. O centro ofrecerá propostas estables como stands de libros, venta de vinilos e CDs, ou prácticas gratuitas de inglés cun profesor nativo.

A primeira cita do mes será o 7 de xuño, cun taller de iniciación ao porteo a cargo de Alba, do taller Arrolos de Mai. Impartirase ás 17:30h na planta alta e está dirixido a familias interesadas en iniciarse nesta práctica de forma segura e consciente, para descubrir os seus beneficios.

A entrada é libre ata completar aforo.

Máis

Hora

7 xuño, 2025 17:30(GMT+02:00)

Localización

Centro Comercial Camelias

Praza de América, 1, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events