
Detalles do eventos
Con motivo do Día do Medio Ambiente, o Centro ArteSá organiza un taller que se compón da creación de collages de temática libre con materiais reciclados e da
Detalles do eventos
Con motivo do Día do Medio Ambiente, o Centro ArteSá organiza un taller que se compón da creación de collages de temática libre con materiais reciclados e da realización en conxunto dun cadáver exquisito: unha técnica propia do surrealismo que consiste nunha cadea de debuxos onde cada artista realiza unha parte sen ver a anterior, creando unha peza final totalmente única.
Haberá dúas sesións:
- 18:00 – 19:30 h | para menores de sete anos, acompañados por un adulto
- 19:30 – 21:00 h | para adultos, con bebida e petiscos incluídos
É necesario reservar a praza, pódese facer a través de artesacentrodearte@gmail.com, @centroartesa en Instagram ou chamando ao 643 61 72 95.
Máis
Hora
6 xuño, 2025 18:00 - 21:00(GMT+02:00)
Localización
Centro ArteSá
Rúa/ Pi y Margall 49, Vigo
Hoxe móvese
- Mes actual