Detalles do eventos
A Sala Rebullón inaugura o mes de novembro con dúas actuacións de nivel este sábado, primeiro de novembro, a partir das 20:30 horas: Sara Gimeno y Pablo y
Detalles do eventos
A Sala Rebullón inaugura o mes de novembro con dúas actuacións de nivel este sábado, primeiro de novembro, a partir das 20:30 horas: Sara Gimeno y Pablo y los Ciervos Dorados. As entradas están á venda online e na cantina do CSCD As Pedriñas, desde 10 euros en anticipada ou 12 na billeteira.
En primeiro lugar, Pablo y los Ciervos Dorados, que con pouco máis dun ano de vida como banda, xa publicou un single e traballa no seu primeiro álbum, Vino. A súa música está a medio camiño entre Neil Young e o slowcore, Leonard Cohen e Lisa Germano. A súa música é íntima e atmosférica, con toques de folk experimental. Letras sensibles, cheas de viño e emocións, perfectas para escoitar de noite ou ao amencer. A banda gañou o concurso de Estudios Mans 2025.
Pola súa banda, Sara Gimeno é unha artista galega emerxente cunha ampla formación en clarinete e canto. O ano pasado comezou a escribir e cantar as súas propias cancións e formou unha banda coa que alzouse co primeiro premio “Xuventude Crea” na modalidade de música e o segundo no concurso de creación de maquetas de música da Universidade de Vigo. Nos seus dous primeiros singles, ‘Bordeaux’ (R&B) e ‘Quérote’ (bolero íntimo), amosa o seu talento e gusto musical, cunha mestura única de soul, nostalxia e exploración de novos estilos.
Hora
1 novembro, 2025 20:30(GMT+01:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
novembro


