OV430

31mai21:30TAïNCONCERTOS | Desde 11,00 €21:30(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

Taïn é unha das voces máis prometedoras do novo pop rock nacional. Natural de Betanzos, con tan só 24 anos, logrou captar a atención do público grazas á súa lírica contemporánea, fresca e emocional, influenciada por artistas como Pole e Hens.

Tras o impacto dos seus anteriores EPs, Amor Subterráneo Vol. 1 e Amor Subterráneo Vol.2 e outros adiantos, este maio lanzará o seu esperado álbum debut, Amor Subterráneo (Esmerarte, 2025).

O concerto na Fábrica de Chocolate servirá para presentar en primicia o seu novo traballo, acompañado pola súa banda ao completo e mostrando a súa faceta máis rockeira.

ENTRADAS AQUÍ