Este é un evento repetitivo

Tabú

02abr20:00TabúESPECTÁCULOS | 10,00€20:00(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

Nova estrea no Teatro Ensalle coa obra Tabú, a compañía Colectivo Globo estará en estrea os días 1, 2 e 3 de abril ás 20h.

A apariencia coma posibilidade de futuro.
Agosto de 2020. Atopámonos no centro de Allariz, concretamente no cruce entre as rúas da Cruz e Fonteiriña. Ante nós, unha rechamante fotografía, datada de 1925 e con autoría de Manuel Riesco. Nela un conxunto de mulleres, vestidas coas camisolas de dous equipos de fútbol: o Arnoya de Allariz e o Celanova, con actitude desafiante e seria, e recollidos estilo belle époque, baixo o título “Equipo de fútbol feminino no vello campo de Vilanova”.
Aparentemente, estabamos ante o primeiro rexistro fotográfico dun equipo pioneiro de futfem, unha imaxe en branco e negro, pertencente ao Arquivo Municipal de Allariz, onde estas 12 mulleres aparecen ataviadas co uniforme futbolístico posando en formación.
A imaxe parécenos dunha inmensa beleza, e cústanos deixar de pensar na historia que debe de haber por detrás:
Quen eran estas mulleres? Que foi delas? Que sucedeu nese partido? Atopámonos ante unhas pioneiras?
Fronte a estes interrogantes, comezamos -sen retorno- un mergullo nas curiosidades destas travesías de vida feminizadas e aínda por descubrir.

Máis