VIALIA
bannerPicnicSesions

Swingueando os... 33!

07xan20:00Swingueando os... 33!CONCERTOS | Desde 12,00€20:00(GMT+01:00) Sinatra Coctel Bar

Detalles do eventos

Esta é a terceira edición do evento swing vigués que pecha o Nadal e abre a nova tempada anual de swing en Galicia:

SWINGUEANDO OS… 33!

Cada ano, unha amante do swing organiza esta festa para darlle unha volta máis ao sol do xeito que máis lle presta: bailando e escoitando swing con música en directo e rodeada de bailaríns, lindihoppers da nosa comunidade, músicos e calqueira curioso ou curiosa que se queira achegar.

Agasállavos cun concertazo do grupo galego Ghastas Pista swing band e unha  pinchada a mans de DJ Patiño, que porá temazos para que a festa non pare.

Ghastas Pista swing band nace para satisfacer unha necesidade imperiosa no eido do swing galego: un grupo onde predomine a comunicación entre intérpretes e bailaríns, é por iso que a formación musical vai guiada por unha bailarina que establece a ponte entre os dous mundos. Alén, é un proxecto que procura a igualdade, e visibiliza a figura das mulleres en espazos masculinizados dentro do mundo do jazz. Á batería temos a Andrea González, no contrabaixo a Yudit Almeida, a guitarra a Wilfried Wilde e ao saxo a Diego Alonso Álvarez.

DJ Patiño é unha das patas fundamentais que sosteñen Swing On, moito máis que unha escola de baile: un proxecto comprometido con xerar unha comunidade diversa e con conciencia.

Constance é unha persoa hiperactiva, bailarina de jazz, productora de Ghastas Pista swing e moitas cousas máis. O seu amor pola música e o baile lévalle inevitablemente a facer do seu aniversario un evento swinguero público.

Haberá outras sorpresiñas que poderás descubrir só se asistes ao evento.

Sábado 7 ás 20:00

Entradas anticipadas por 12€ con consumición, ou no local a 15€ con consumición. Venda de entradas: Swing On School, Little Savoy e Constance Hurlé (+34 620 564 187)

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Sinatra Coctel Bar

Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events