VIALIA
bannerPicnicSesions

Swing on the sea

30xuñ(xuñ 30)21:30Swing on the seaFESTIVAIS E FEIRAS | Varios(xuño 30) 21:30(GMT+02:00)

Detalles do eventos

A primeira edición de Swing On Vigo SEA celébrase do 30 de xuño ao 3 de xullo e contará cun equipo de 18 profesores de baile, 12 músicos de jazz, 8 djs e máis dun centenar de asistentes. O envento está organizado por Swing On, unha escola de baile que leva unha década impartindo clases e organizando eventos en Vigo para achegarnos a cultura jazz, o lindy hop e outros bailes swing.

A localización principal será o Salón Regio da Sede do Celta de Vigo, un precioso salón de baile dos anos 20 construído polo arquitecto Gómez Román. Este escenario recibirá ás bandas Le BarLuthier o venres 1 de xullo, e a Ghastas Pista Swing Band o sábado 2 de xullo. Os dous eventos celebraranse de 21.00h a 01.30h e contarán tamén con DJs que seleccionarán os temas máis bailables de Ella Fitzgerald, Duke Ellington ou Count Basie entre outros. Para quentar o ambiente realizaranse pequenos obradoiros guiados de baile.

No Salón Regio tamén se celebrará unha jam session o domingo 3 de xullo. A banda encargada de abrir a jam session serán Jazztronomics, formada por Héctor Agulla (batería), José Manuel Díaz (contrabaixo), Iago Marta (guitarra) e Diego Alonso (saxo). Unha vez rematada a actuación de Jazztronomics, a jam quedará aberta para os músicos e músicas que queiran subir ao escenario a cantar ou tocar un instrumento.

Ademais destas festas, o Swing On The SEA organiza unha festa de benvida con Swing On DJs o xoves 30 de xuño no Hache Club e unha festa de clausura o domingo 3 despois da jam na Sala Kominsky.

O festival tamén ofrece a posibilidade de participar nunha viaxe organizada ás Illas Cíes e un picnic con selección de música negra e conversas sobre cultura e swing. Para ambos eventos contan coa colaboración de Outro Conto, que elaborarán menús veganos, saudables e moi nutritivos baixo reserva previa.

Existen tres modalidades principais de acceso: o Full Pass, que permite asistir a todas as actividades; o Party Pass, que inclúe a entrada ás tres festas de A Sede. Estas dúas conséguense a través da web de Swing On Vigo e inclúen a posibilidade de realizar a viaxe a Cíes, cun suplemento de 15 €. Tamén existe a opción de mercar os pases soltos a través de Entradium para as actividades que nos interesen.

Máis

Hora

Xuño 30 (Xoves) 21:30(GMT+02:00)