
Detalles do eventos
O Swing On WIC.end é un weekend cheo de música e baile swing. No WIC.end celébrase o jazz, o lindy hop, o solsticio de primavera e o calor da comunidade
Detalles do eventos
O Swing On WIC.end é un weekend cheo de música e baile swing. No WIC.end celébrase o jazz, o lindy hop, o solsticio de primavera e o calor da comunidade swing.
O sábado 23, ás 10:00 h terá lugar unha clase de lindy hop con Gina e Iker dende Bilbao! Comezaron a bailar a finais de 2013 en Barcelona, e en 2016 comezan a impartir clases. En 2017 deciden marchar para Bilbao a poñer en marcha o proxecto Little Harlem, e a crear unha nova comunidade swing. Cun profundo amor pola música jazz e swing, transmiten con paixón o espíritu destes bailes que xurdiron nas décadas dos 30 e 40, e que continúan evoluíndo e medrando.
Programa completo:
Venres 22
- 21.30h-00.30h Festa con DJs. Sala Kominsky (Irmandiños 3, Vigo).
Sábado 23
- 10.00h-14.00h: Clases de lindy hop multinivel (dende 4 meses bailando lindy hop). Escola de baile Pasos Bailegalicia (C.C. Plaza Elíptica, Vigo)Plantéase unha formación de 4 horas con algúns descansos na que se traballarán diferentes conceptos con diferentes grados de dificuldade para que cada persoa poida traballar ao seu ritmo nun ambiente de aprendizaxe cooperativo no que todes temos responsabilidade sobre a nosa aprendizaxe e a aprendizaxe grupal.
- 21.30h-00.30h Festa con Los Guachos. La Fabrica de Chocolate. (Rogelio Abalde 22, Vigo).
Prezos:
Pase completo: Acceso a clases e festas.
Ata o 31 de xaneiro: 70,00 €
Dende o 1 de febreiro: 80,00 €
Festa do venres con DJs: 5,00 € .Entradas á venda a partir do 1 de febreiro en Swing On ou reservando no 687711436.
Festa do sábado con banda: 15,00 € Entradas á venda a partir do 1 de febreiro en Swing On ou reservando no 687711436.
Máis
Hora
23 marzo, 2024 10:00(GMT+01:00)
Localización
Escola de baile Pasos Bailegalicia
C.C. Plaza Elíptica, Vigo
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual