01feb20:00SUSSURROS DE SOMBRAEspectáculos | Desde 11,00€20:00(GMT+01:00) Sala Ártika
Detalles do eventos
“Sussurros de Sombras” nace da fusión de tres universos poéticos de José Craveirinha: Poemas da Prisão, Maria e outros textos dispersos. O espectáculo afonda
Detalles do eventos
“Sussurros de Sombras” nace da fusión de tres universos poéticos de José Craveirinha: Poemas da Prisão, Maria e outros textos dispersos. O espectáculo afonda na experiencia do encarceramento físico e simbólico, nun contexto onde a violencia adopta múltiples formas e oprime o corpo, a memoria e a identidade. Desde ese “lugar pechado e húmido” no que se sitúa a voz poética, a palabra convértese en táboa de salvación: un espazo subversivo onde a poesía se ergue como resistencia, dignidade e eco cara ao outro, na tentativa de comprender o humano. A dramaturxia revela a importancia da ligazón coa terra natal, o peso da historia colonial e racial, e a intimidade dun home que transforma dor en canto. Na imaxe escénica, unha cama metálica nun espazo case baleiro, atravesado por luz e proxeccións, suxire a cela, a vixilancia e as sombras da memoria. O traballo interpretativo, a música ao vivo e o deseño de luz e vídeo tecen un universo de sussurros e silencios onde a poesía de Craveirinha toma corpo, voz e presenza.
Hora
1 febreiro, 2026 20:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra


