Detalles do eventos
O espectáculo SuperArte, que visibiliza o talento artístico das persoas con discapacidade, chega por primeira vez a Galicia coa Fundación SIFU e Afundación.
Detalles do eventos
O espectáculo SuperArte, que visibiliza o talento artístico das persoas con discapacidade, chega por primeira vez a Galicia coa Fundación SIFU e Afundación.
O Teatro García Barbón acollerá, por primeira vez en Galicia, SuperArte, considerado o espectáculo inclusivo máis importante de Europa. O evento, promovido pola Fundación SIFU coa colaboración de Afundación, ten como obxectivo visibilizar o talento artístico de persoas con discapacidade e demostrar que a arte pode ser un motor de cambio social e unha ferramenta para a transformación e a integración.
Nesta nova edición, o espectáculo SuperArte contará con oito actuacións de música e danza protagonizadas por artistas con diversas discapacidades que atoparon na arte un medio para superar barreiras e expresar a súa creatividade e o seu talento. Inés Rodríguez, logopeda e divulgadora en redes sociais con parálise cerebral, será a encargada de conducir o espectáculo.
Celebrarase o vindeiro mércores 3 de decembro, ás 19.0 h, e as entradas pódense adquirir en Ataquilla.com. Todo o recadado neste evento destinarase ao programa de Becas Superarte da Fundación SIFU, que ofrece formación e oportunidades artísticas a artistas con discapacidade.
Hora
3 decembro, 2025 19:30(GMT+01:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra



