VIALIA
bannerPicnicSesions

Super Bock Music Unlock: Stasia Momento + The Broke

26dec21:30Super Bock Music Unlock: Stasia Momento + The BrokeCONCERTOS | De balde21:30(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

Segundo concerto do concurso de bandas Super Bock Music Unlock, coas actuacións de Stasia Momento e The Broke.

STASIA MOMENTO
O grupo nace en Vigo no ano 2010, creado por KK Overlord (compositor, programación, teclados, guitarras e ruídos) e Olbap Dibasson (voz, letrista, performer) coa idea de crear atmosferas escuras e ritmos bailables, por medio da electrónica, con bases sólidas e voces agridoces.

É desta maneira como se empezou a desenvolver un estilo propio, que se pode achegar ao electro-dark en ocasións e ao future pop noutras, pero que eles mesmos denominan Stasia Music. Electro escuro e trepidante, non exento de tinguiduras comerciais, con melodías susurrantes e algo bizarras tamén…todo isto baixo unhas líricas que expresan a debilidade do ser humano, do seu carácter vicioso, da súa mística, as súas relacións e interrelacións, o sufrimento, a dependencia, os tabús, a relixión, o misantropismo, o nihilismo, o sexo estraño, o bizarrismo e a beleza no grotesco.

Stasia Momento distínguense polas súas extravagantes actuacións e estrafalarios e sinistros shows en vivo, ensamblado en perfecta harmonía coa súa música, proxeccións visuais e teatralización inspirada no binomio pracer-dor das súas letras.

THE BROKE
Grupo de Rock, nacido a mediados de 2016, cunha forte presenza vocal e de riffs de guitarra acompañados dunha base rítmica sólida, nun estilo auto definido como “Broke´n´Roll”
O formato de directo adáptase a todo tipo de escenarios, cun repertorio onde a banda desprende esa enerxía que fai vibrar ao público, o cal participa de maneira activa no concerto.

A finais de 2019 empezan a gravación do seu primeiro traballo de estudo: Monster, no cal se reflectirán as experiencias vividas nesta primeira etapa da banda.

Debido á situación de alarma o grupo cancela toda a xira de 2020 que os ía a levar a salas e festivais de Galicia e algunha data ao longo da península.

Luns 26 ás 21:30

Entrada de balde

Máis