VIALIA
bannerPicnicSesions

Sunset Beats: Digitalism DJ Set

07ago21:00Sunset Beats: Digitalism DJ SetCONCERTOS | 25,00€21:00(GMT+02:00) Museo Mar de Vigo

Detalles do eventos

A música electrónica tómase a terraza do Auditorio Mar de Vigo o próximo 7 de agosto ás 21 horas. O dúo alemán Digitalism, un dos máis celebrados en Europa no ámbito da vangarda musical electrónica, chegan en formato DJ Set.

Digitalism é un dúo alemán de música electrónica que é ao mesmo tempo divertida e imaxinativa. Fundado en 2004 en Hamburgo, está composto por Ismail “Isi” Tüfekçi e Jens “ Jence” Moelle. Desde o principio da súa carreira, cando o seu tema “ Pogo” formou parte do “FIFA 08” e de “ Need For Street: ProStreet”, as súas composicións convertéronse en habituais dos videoxogos, así como de teleseries e programas televisivos.

Con este concerto, que non forma parte da programación do Festival TerraCeo, o Auditorio Mar de Vigo comeza a traballar no desenvolvemento dunha programación que poida achegar a Galicia periodicamente creadores de música electrónica e de vangarda. Inicialmente, haberá concertos cada tres meses. O nome do proxecto é Sunset Beats.

Máis

Hora

(Sábado) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Museo Mar de Vigo

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events