Sanny + Candy's Freckles

06mai21:30Sanny + Candy's FrecklesCONCERTOS | 5,00€21:30(GMT+02:00) Sala Kominsky

Detalles do eventos

Sanny, o nome artístico tras o que se esconde Sandra Gómez, é unha artista viguesa cun pé nos primeiros anos de Bob Dylan e no Nebraska de Bruce Springsteen, e con outro en artistas indie contemporáneas como Phoebe Bridgers e Sharon Van Etten.

Pola outra banda, Candy’s Freckles. O que comezou como proxecto de Rodrigo Yagüe, cantante e guitarrista de Theta Waves, convertiuse nunha banda con maiúsculas que tras esos dous primeiros Eps (“Where Have All the Gerbils Gone?” e “A Star Fallen From The Sky”)  cheos de paisaxes oníricos, pop folk e psicodelia, prepara o inminente lanzamento das suas novas cancións grabadas nos Estudios Mans de A Coruña.

Xuntos darán un concerto na Sala Kominky o sábado 6 ás 21:30h. A entrada costa 5,00€.

Máis

Hora

(Sábado) 21:30(GMT+02:00)

Localización

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events