REVISTA ABRIL

A Subida ao Castro

29xan10:00A Subida ao CastroACTIVIDADES DEPORTIVAS | 10,00€10:00(GMT+01:00) Montero Ríos

Detalles do eventos

A Subida ao Castro é a primeira carreira do ano do circuíto Run Run Vigo, formado este ano por 12 probas. Esta edición recupera o seu percorrido habitual, despois de ter sido cambiado por mor das obras na Porta do Sol. A carreira comeza en Montero Ríos e remata no alto do Castro, cruzando as rúas Concepción Arenal, Beiramar, Real, Chao, Méndez Núñez, Sombrereiros, Praza da Constitución, Segunda República e Praza do Rei, entre outras.

Se ben é a proba máis curta do circuito é das máis esixentes xa que os corredores terán que salvar os 135m de desnivel que separán o mar do alto do Castro en tan só 3 quilómetros de percorrido.

Os interesados en participar poden inscribirse a través da web de magmasports ata o xoves 26 ás 12h, o prezo da inscrición é de 10€.

LISTA DAS CARREIRAS CO CIRCUÍTO RUN RUN VIGO

  • 29/01 – Subida ao Castro
  • 12/02 – Carreira do Calvario
  • 12/03 – Carreira Popular 10k de Teis
  • 26/03 – Media Maratón Vig-Bay
  • 17/05 – Carreira Praia de Samil
  • 04/06 – Carreira da Cereixa
  • 10/06 – Carreira Nocturna Correndo por Vigo
  • 23/06 – Carreira Nocturna San Xoán
  • 15/10 – Vigo Contra el Cáncer
  • 05/11 – Media Maratón de Vigo
  • 12/11 – Vigo +11
  • 10/12 – Carreira Solidaria Érguete e Corre

Domingo 29 Xaneiro
Horarios:
08:00 – 10:00 Recollida de dorsais e chip. Explanada Náutico.
10:00         XVII Subida ao Castro
11:00         Entrega de trofeos

Máis

Hora

(Domingo) 10:00(GMT+01:00)

Localización

Montero Ríos

Rúa Montero Ríos 36201 Vigo Pontevedra

Other Events