>

01set21:30Standard Conspiracy Quartet + Jam SessionCONCERTOS |8,00 €21:30(GMT+02:00) A Casa de Arriba

Detalles do eventos

A Casa de Arriba acolle unha nova sesión da súa habitual jam de jazz, nesta ocasión coa apertura de Standard Conspiracy Quartet.

Liderado polo batería Antón Quintela, o proxecto concíbese como unha formación flexible arredor da memoria musical global, revisitando e reinterpretando composicións que acabaron converténdose en standards de diferentes cancioneiros do mundo.

A formación complétase con Mariana Vergueiro á voz, Sunil López ao piano e Xurxo Estevez ao contrabaixo. Tras o concerto, a noite continuará coa habitual jam session.

Hora

1 setembro, 2026 21:30(GMT+02:00)

Localización

A Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events