decembro, 2018
12dec17:30“Sprezzatura, o xesto que se fixo pintura”CHARLA | De balde17:30 Museo Liste
Detalles do evento
O 12 de decembro, ás 17:30 h., terá lugar no Museo Liste – Etnográfico de Vigo unha nova proposta dentro do programa “Xornadas para a comunicación”. Co título “Sprezzatura, o
Máis
Detalles do evento
O 12 de decembro, ás 17:30 h., terá lugar no Museo Liste – Etnográfico de Vigo unha nova proposta dentro do programa “Xornadas para a comunicación”. Co título “Sprezzatura, o xesto que se fixo pintura”, D. Juan Carlos Román, artista e profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, conversará sobre este concepto. Debuxar con exquisita elegancia, tocar o piano con soltura ou falar idiomas con facilidade son tarefas complexas e custosas que xeran admiración se se fan con disimulada naturalidade. A sprezzatura é a forma de finximento desa naturalidade que consiste en non mostrar dedicación ou esforzo. É un esforzado desinterese por acadar os obxectivos mediante un comportamento distante. Actitude, que se antes caracterizaba aos Médicis e á elegante pose italiana da época, agora converteuse en parte da nuclearidade da pintura española.

Hora
(Mércores) 17:30
Lugar
Museo Liste
Calle Pastora, 22, 36210 Vigo, Pontevedra