
11out20:00Soy CaribeARTE E MUSEOS | De balde20:00(GMT+02:00) Sede da Deputación de Pontevedra
Detalles do eventos
A Fundación Balms para a Infancia inaugura a exposición colectiva “Soy caribe” o 11 de outubro ás 20h na sede da Deputación en Vigo da
Detalles do eventos
A Fundación Balms para a Infancia inaugura a exposición colectiva “Soy caribe” o 11 de outubro ás 20h na sede da Deputación en Vigo da man da vicepresidenta da Deputación, Marta Fernández-Tapias e Antonio Herdeiro e Juan Camacho da Fundación Balms. A través da mostra exposta, os nenos e nenas comparten en Galicia a súa visión da identidade e cultura caribeña, así como das experiencias vividas en dúas dos barrios máis vulnerables de Colombia e Dominicana. Son caribe é moito máis que unha exposición, é unha invitación para reflexionar sobre a educación como ferramenta de transformación social e a importancia do acceso de toda a infancia do planeta a unha educación de calidade.
Esta é unha iniciativa da Fundación Balms que nace co obxectivo de poñer en valor o poder da arte e a cultura como ferramentas transformadoras. Os e as artistas das obras son alumnos e alumnas da Escola de Arte Granitos de Paz, situada no barrio Olaya Herrera (Cartaxena, Colombia) e da Escola de Arte Mauro Lorenzo, situada no barrio Santa Lucía (Santiago Oeste, República Dominicana). Esta mostra, iniciou a súa viaxe polo noso país en Marbella, onde aterro a principios de setembro. Pasando por Madrid, concluirá o seu percorrido en Vigo, onde estará exposta do 11 ao 26 de outubro na Sala Rosalía de Castro na sede da Deputación en Vigo.
A Escola de Arte e Tempo Libre Mauro Lorenzo é un espazo para o ensino no que participan nenos e nenas do Barrio Santa Lucía. Conta con talleres de teatro, danza e pintura, onde se formaron máis de 180 nenos e nenas. A escola é dirixida polo escritor Máximo Vega, tendo como facilitadores, Pedro Cofresi, Yisset Montero e Rafael Calderón Tejada. A escola naceu no ano 2017 como parte do proxecto “Educación Inclusiva” (implementado por Fundación Balms, Fundación Solidariedade e CIDEL e financiado pola Cooperación Galega, Xunta de Galicia) e leva en funcionamento desde entón, seis anos de dedicación, aprendizaxes e moita creatividade.
A Escola de Arte Granitos de Paz é un espazo para o ensino que ten por obxectivo desenvolver a creatividade do alumnado e a súa capacidade á hora de expresar as súas ideas, pensamentos e emocións a través das artes plásticas. Nela participan 350 nenos e nenas do barrio Olaya Herrera do sector Rafael Núñez. Os programas de arte teñen como facilitador a Jesús Díaz Corpas, artista Colombiano. A escola naceu no ano 2021 como parte dunha alianza da Fundación Balms para a Infancia e a Fundación Granitos de Paz. Leva en funcionamento desde entón, con talleres para alumnado desde os 2 ata os 16 anos. A exposición colectiva Son Caribe é unha iniciativa desenvolvida pola Fundación Balms para a Infancia, en colaboración coa Fundación Granitos de Paz (Colombia), Fundación Solidariedade e o Centro Integral para o Desenvolvemento Local CIDEL (República Dominicana). Conta co financiamento e colaboración da Deputación de Pontevedra e a Cooperación Galega, Xunta de Galicia.
Máis
Hora
11 outubro, 2023 20:00(GMT+02:00)
Localización
Sede da Deputación de Pontevedra
Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual