Sós

09abr20:00SósESPECTÁCULOS | 8,00€20:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

SÓS é unha reflexión, por veces cómica e por veces máis dramática, sobre a vellez, sobre a convivencia, e sobre a soidade que sofren moitas persoas maiores nos seus últimos anos de vida. SÓS conta a historia de Fermín e Marcelino, dous homes octoxenarios que se ven obrigados polas circunstancias a compartir piso. Os dous anciáns non se coñecen previamente, os dous teñen un carácter totalmente diferente, levaron vidas diferentes e teñen costumes e hábitos absolutamente diferentes, polo que a súa convivencia non vai ser fácil, aínda que non lles vai quedar máis remedio que aprender a tolerarse, porque a pesar de que hai moitas cousas que os separan, teñen algo moi importante que os une: os dous están sós e necesítanse mutuamente para saír adiante.

MALASOMBRA PRODUCIÓNS

Podes facerte coas entradas a través de http://vigocultura.woutick.es/ ou ben no despacho de billetes do Auditorio os venres e sábados de 18:00 a 20:00 e os domingos de 10:30 a 12:30 e de 16:00 a 18:00.

Venres 9 ás 20:00
Sábado 10 ás 20:00

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events