decembro, 2019

21dec18:30Sonoro empeño: 'Red Vox Gospel Choir'CONCERTOS | De balde18:30 Sede Afundación

Máis

Detalles do evento

No marco do proxecto multidisciplinar «Sonoro empeño. A música nas Coleccións ABANCA e Afundación», exposto actualmente na Sede Afundación de Vigo, Afundación, a Obra Social de ABANCA, organizouse unha extensa programación de actividades complementarias, co obxectivo de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades para estender a programación máis aló da propia exposición, mostrando na práctica o diálogo permanente entre as distintas disciplinas artísticas, e trasladar a actividade cultural fóra dos espazos onde se desenvolve tradicionalmente.

A Sede Afundación en Vigo acollerá o sábado, 21 de decembro, ás 18.30 h, a actuación de Rede Vox Gospel Choir, no marco do proxecto multidisciplinar «Sonoro empeño. A música nas Coleccións ABANCA e Afundación».

Red Vox Gospel Choir, fundado en 2015, está integrado por 14 vocalistas e dirixido por Juan Villaverde. Presentan un amplo repertorio de cancións da cultura afroamericana con arranxos actuais e unha posta en escena dinámica, fresca e divertida. O seu repertorio inclúe desde cancións soadas neste campo como Oh Happy Day ou Amazing Grace ata outras máis introspectivas dentro do góspel.

A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

Hora

(Sádado) 18:30

Lugar

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

X