decembro, 2019

14dec17:30Sonoro empeño: 'Moraima'PEQUERRECHOS | De balde17:30 Sede Afundación

Máis

Detalles do evento

No marco do proxecto multidisciplinar «Sonoro empeño. A música nas Coleccións ABANCA e Afundación», exposto actualmente na Sede Afundación de Vigo, Afundación, a Obra Social de ABANCA, organizouse unha extensa programación de actividades complementarias, co obxectivo de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades para estender a programación máis aló da propia exposición, mostrando na práctica o diálogo permanente entre as distintas disciplinas artísticas, e trasladar a actividade cultural fóra dos espazos onde se desenvolve tradicionalmente.

A seguinte actividade será o espectáculo e obradoiro musical Moraima, dirixido a nenos e nenas desde 0 a 6 anos, a cargo da compañía Percubebé. Terá lugar mañá sábado 14 de decembro con dúas sesións, pola mañá ás 11.00 h e pola tarde ás 17.30 h, con entrada libre e de balde ata completar a capacidade. 

Hora

(Sádado) 17:30

Lugar

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

X