outubro, 2019

22out19:30Sonoro empeño: 'Loving Vincent'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30 Sede Afundación

Máis

Detalles do evento

Dorota Kobiela e Hugh Welchman, Polonia, 2017. 90 min. NRM 12 anos

Elenco: Douglas Booth, Helen McCrory, Saoirse Ronan, Aidan Turner, Eleanor Tomlinson, Chris O’Dowd, Jerome Flynn, John Sessions, Holly Earl, Robert Gulaczyk, James Greene, Bill Thomas, Martin Herdman, Josh Burdett, Richard Banks, Shaun Newnham

Un ano despois da morte de Vincent van Gogh, o carteiro Roulin pídelle ao seu fillo Armand que entregue persoalmente a derradeira carta do artista ao seu irmán Theo, logo de que os seus intentos de lla enviar fallasen. A pesar de non o ter apreciado e lembrar o incidente de cando se mutilara a orella e lla dera a unha prostituta, Armand acepta a encomenda… Primeira longametraxe composta por pinturas animadas, en que cada fotograma é un cadro pintado sobre óleo por unha gran listaxe de excelentes artistas, inspirándose no estilo do xenio. Compoñen o filme un total de 56.800 fotogramas.

CALENDARIO

16 outubro | Mr. Turner | 19.30 h

22 outubro | Loving Vincent | 19.30 h

5 novembro | La Dama de Oro | 19.30 h

12 novembro | Big Eyes | 19.30 h

20 novembro | El profesor de violín | 19.30 h

19.30 h

Entrada de balde ata encher a capacidade. Invitacións en ataquilla.com desde 5 días antes de cada proxección; e na billeteira do centro desde media hora antes. Suxeito a dispoñibilidade.

VOSE (Versión Orixinal Subtitulada en Español)

Hora

(Martes) 19:30

Lugar

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

X