Este é un evento repetitivo

Sona Gaifar

09xul18:0023:30Sona GaifarCONCERTOS | De balde18:00 - 23:30(GMT+02:00) Espazo Dunas de Gaifar (Nigrán)

Detalles do eventos

Sona Gaifar, o festival de pequeno formato dedicado á música electrónica e outros estilos fronteirizos, celebra os días 8 e 9 de xullo a súa terceiraedición, coma sempre no espazo Dunas de Gaifar, en Nigrán. Desde a organización explican que “nacemos coma un festival pandémico, en pleno 2020, e no ollo do furacán no que estivemos inmersos, con moitas dificultades para arrancar un proxecto como este. E 2021 non foi mais doado, así que podería dicirse que este é case un ano cero, sen restricións e recuperando os aforamentos, formatos e, sobre todo, a pista de baile, tan imprescindible para un evento de música electrónica como é o noso. Polo tanto, as expectativas son altas, tendo en conta a calidade do cartel deste ano, e o espazo incrible que nos acolle, xunto á praia de Panxón”, sinala Victor Flores, co-director do festival xunto a Jose Gónzález (Certain Music).
 
Os obxectivos fundacionais mantéñense: contribuír á complementar a oferta musical e cultural do verán na localidade, a través de propostas musicais inéditas e conectadas con correntes actuais, e apoiar ó tecido artístico e ás empresas colaboradoras e provedores de Nigrán, Val Miñor e contorna de influencia. Para elo, Sona Gaifar presenta un cartel inclusivo, cun equilibrio entre propostas emerxentes e outras de maior percorrido nas súas carreiras, e unha compoñente estilística que atende a diversas manifestacións da música electrónica. Unha selección con acento en artistas de proximidade (todxs de Galicia, e unha artista portuguesa), como parte dos valores do festival: promover e apoiar o talento local e da Comunidade.
 
Entre elxs, destaca Sila Lua, artista viguesa afincada en Madrid que reformula os sons urbanos a través dunha poderosa identidade sonora e visual, e sen dúbida unha das artistas con mais proxección da escena nacional. Ou Yugen Kala, irmáns vigueses que se revelaron coma unha das sensacións da electrónica experimental co seu primeiro disco, e que tocarán en Sona Gaifar unhas semanas despois da súa aclamada estrea no prestixioso Festival Sónar de Barcelona. Mwëslee, un dos artistas vigueses mais internacionais, alma máter do selo Arkestra xunto á súa inseparable Bflecha. Chima Hiro, xove DJ lisboeta de ritmos cálidos. Elba, música compostelán con matices de Pop electrónico, CRNDS, músico e compositor santiagués que mestura a música tradicional galega coa electrónica experimental. Nüca, artista coruñés centrado na experimentación con sintetizadores e caixas de ritmo. Saya, artista de orixe palestina afincada en Compostela, investigadora musical e DJ multixénero, con tendencia ós ritmos e sons de raíz. French Riviera, músico redondelán que recrea a tradición Italo-Disco dos anos 80. E Sona Gaifar Soundsystem, os DJ’s ‘da casa’ e coordinadores artísticos do festival.
 
Sona Gaifar é un evento promovido polo Concello de Nigrán, co apoio da Deputación de Pontevedra a través da Liña 2 do Plan Concellos, e coa produción e comisariado artístico de Certain Music e o xestor cultural nigranés Victor Flores.
 
 
Programación venres 8
Yugen Kala / CRNDS / Elba / Saya / Nüca
Programación sábado 9
Sila Lua / Mwëslee / Chima Hiro / French Riviera / Sona Gaifar Soundsystem
 
Sona Gaifar – venres 8 & sábado 9 xullo
Espazo Dunas de Gaifar.
18:00-23.30 h. 
Entrada de balde ata completar aforo.

Máis

Hora

(Sábado) 18:00 - 23:30(GMT+02:00)

Localización

Espazo Dunas de Gaifar (Nigrán)

Other Events