Detalles do eventos
SON MULLER nace coa vontade de abrir espazos de reflexión sobre o lugar das mulleres na cultura galega. A través dun formato expositivo tipo magazine
Detalles do eventos
SON MULLER nace coa vontade de abrir espazos de reflexión sobre o lugar das mulleres na cultura galega. A través dun formato expositivo tipo magazine e dunha programación musical específica, ofrece unha mirada plural ás traxectorias de creadoras vinculadas ás disciplinas dos conservatorios superiores de música de Galicia, buscando tamén xerar debate colectivo e construír unha memoria cultural máis xusta.
Como principal novidade, a exposición convértese en itinerante. Desenvolverase en formato presencial e dixital, a través das redes sociais e da web do centro.
Inaugurarase o 3 de marzo ás 19:00 horas na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, onde permanecerá ata o día 13.
Do 16 ao 31 de marzo poderá visitarse no Pazo Provincial de Pontevedra.
A partir de abril, regresará ao CSM de Vigo.
Hora
3 marzo, 2026 - 13 marzo, 2026 (Todo o día)(GMT+01:00)
Localización
Sede da Deputación de Pontevedra
Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
marzo

