09mar20:00SON ERASMUS – Balcánsconcertos | -20:00(GMT+01:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

O Auditorio Martín Códax acolle a Semana Internacional Erasmus “SON ERASMUS – Balcáns”

O Auditorio Martín Códax será o escenario durante a primeira parte do mes de marzo da Semana Internacional Erasmus “SON ERASMUS – Balcáns”, un ciclo de concertos que achegará ao público a riqueza musical e cultural de distintos países balcánicos a través de intérpretes invitados dentro do programa Erasmus.

O ciclo, integrado por tres recitais, propón un percorrido pola tradición musical de Bosnia e Herzegovina, Montenegro e Albania, combinando repertorio clásico europeo con influencias da música tradicional destas rexións.

O primeiro dos concertos terá lugar o martes 10 de marzo ás 20:00 horas, baixo o título Reflexos da canción tradicional Sevdalinka na música clásica bosníaca, coa participación de Adema PljevljaK-Krehić (canto) e Maja Ačkar (piano). O programa explora a influencia da canción tradicional bosnia Sevdalinka na creación musical académica.

O xoves 12 de marzo ás 20:00 horas, o público poderá gozar do recital protagonizado por Dušan Obrenović (violín) e Vladana Perović (piano), con obras de Bach-Tausig, Scriabin e Brahms, xunto a composicións inspiradas na tradición montenegrina.

O ciclo concluirá o martes 17 de marzo ás 20:00 horas coa actuación de Pjeter Guralumi (violonchelo), Esteban Valverde (clarinete) e Severino Ortiz (piano), quen interpretarán dúas grandes referencias do repertorio camerístico: o Trío op. 11 “Gassenhauer” de Beethoven e o Trío op. 114 de Brahms.

No marco do programa de intercambios de grupos de música de cámara co Conservatorio de Lecce (Italia), o próximo luns 9 de marzo ás 20:00 horas terá lugar un recital a cargo dun trío formado por dous clarinetes e fagot, que se celebrará no Auditorio do centro.

Esta actividade intégrase dentro das iniciativas de cooperación internacional destinadas a fomentar o intercambio artístico e pedagóxico entre alumnado e profesorado de distintos conservatorios europeos, favorecendo a experiencia escénica e o enriquecemento musical compartido.

O concerto ofrecerá un programa representativo do repertorio clásico e preclásico para formación de vento, con obras de compositores fundamentais do período.

O recital está dirixido a toda a comunidade educativa e ao público interesado, constituíndo unha excelente oportunidade para gozar do repertorio camerístico para instrumentos de vento e coñecer o traballo desenvolvido dentro do programa internacional de intercambios.

Esta iniciativa reforza o compromiso do centro coa internacionalización, o intercambio artístico e o diálogo cultural europeo, ofrecendo ao alumnado e ao público unha oportunidade única de coñecer distintas tradicións musicais a través de intérpretes internacionais.

Hora

9 marzo, 2026 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events