REVISTA ABRIL

Este é un evento repetitivo

Somos criminais 3

07xan21:00Somos criminais 3ESPECTÁCULOS | Desde 10,80€21:00(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán están de volta… e media! E con doble función en Vigo os días 7 e 8 de xaneiro. Logo do éxito de Somos Criminais, o espectáculo que máis entradas vendeu na historia en Galicia con máis de 50.000, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán volven aos teatros este outono. Como segundas partes nunca foron boas, chega directamente Somos Criminais 3. Somos criminais no sentido menos criminal da palabra? Temos unha maneira propia de ser e de estar? Somos diferentes, somos parecidos ou somos iguais aos demais? Son certos os tópicos que hai sobre nós? Estas son algunhas das preguntas ás que os dous cómicos tentarán dar resposta. E é que en Somos Criminais 3, Carlos Blanco e Xosé Touriñán, analizan Galicia e os seus habitantes para saber como somos e para saber por que somos como somos. Un espectáculo completamente novo, que conta outra vez coa dirección de Tito Asorey e os textos de José L. Prieto, Carlos Blanco e Xosé A Touriñán.

Entradas á venda a través da web somoscriminais.gal

Máis

Hora

(Venres) 21:00(GMT+01:00)