
Solpores na Rebullón: Zalomon Grass
Detalles do eventos
A Sala Rebullón ten unha nova proposta para gozar da música en directo durante este verán: Solpores na Rebullón. Concertos ao ar libre (se a metereoloxía o permite)
Detalles do eventos
A Sala Rebullón ten unha nova proposta para gozar da música en directo durante este verán: Solpores na Rebullón. Concertos ao ar libre (se a metereoloxía o permite) todos os xoves de xullo e agosto. As actuacións terán lugar na terraza da sala ubicada no Centro Cultural As Pedriñas de Mos e o acceso será libre e de taquilla inversa; é dicir ao final do concerto cadaquén pagará o que estime oportuno pola actuación.
Abren a programación o xoves 7as bandas locais Lamprea Explosiva e Kings of the Beach. Nas seguintes xornadas pasarán pola terraza da Rebullón o rock de tintes sesenteiros de Zalomon Grass (14 de xullo), os sons guitarreiros de Karma Animal (21 de xullo), Dientes e Giussepe que porán en pé ao público da sala (28 de xullo), Froján adiantará temas do seu próximo traballo ‘Huir’ (4 de agosto), desde Mos o Ska-Punk de Sustanciados (11 de agosto), os riffs da banda estadounidense Valley of the sun farán as delicias dos máis guitarreiros (18 de agosto) e pecha o ciclo a banda estradense Os John Deeres con 15 anos de percorrido nas súas costas (xoves 25).
XOVES 14, Zalomon Grass
Zålomon Grass, unha banda de Rock&Roll setenteiro que bebe do Blues e da psicodelia por partes iguais, de onde nos traen este son electrificante e directo á tempa que nos lembra tanto a banda como The Muggs, de quen Gabriel McKenzie, frontman da banda é fielmente seguidor. Cosmic Blues from the North West

Máis
Hora
14 xullo, 2022 21:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
- Mes actual
Séguenos nas redes