
Solpores na Rebullón: Sustanciados
Detalles do eventos
A Sala Rebullón ten unha nova proposta para gozar da música en directo durante este verán: Solpores na Rebullón. Concertos ao ar libre (se a metereoloxía o permite)
Detalles do eventos
A Sala Rebullón ten unha nova proposta para gozar da música en directo durante este verán: Solpores na Rebullón. Concertos ao ar libre (se a metereoloxía o permite) todos os xoves de xullo e agosto. As actuacións terán lugar na terraza da sala ubicada no Centro Cultural As Pedriñas de Mos e o acceso será libre e de taquilla inversa; é dicir ao final do concerto cadaquén pagará o que estime oportuno pola actuación.
Abren a programación o xoves 7as bandas locais Lamprea Explosiva e Kings of the Beach. Nas seguintes xornadas pasarán pola terraza da Rebullón o rock de tintes sesenteiros de Zalomon Grass (14 de xullo), os sons guitarreiros de Karma Animal (21 de xullo), Dientes e Giussepe que porán en pé ao público da sala (28 de xullo), Froján adiantará temas do seu próximo traballo ‘Huir’ (4 de agosto), desde Mos o Ska-Punk de Sustanciados (11 de agosto), os riffs da banda estadounidense Valley of the sun farán as delicias dos máis guitarreiros (18 de agosto) e pecha o ciclo a banda estradense Os John Deeres con 15 anos de percorrido nas súas costas (xoves 25).
XOVES 11, Sustanciados
Dende as profundidades de terras mosenses, chegan “Los sustanciados”, un grupo de ska-punk nacido en 2019 e formado por 9 colegas influenciados musicalmente polo reggae, ska e rock. As nosas cancións, cunhas letras combativas cargadas de raiba, farán que non poidades deixar de brincar! Chegamos con moitas ganas de subirnos por primeira vez a un escenario para transmitir a nosa forza e sustanciar a todos e a todas do noso moi bo rollo!O grupo está integrado por batería, dúas voces, dúas guitarras, baixo, dúas trompetas e dous trombóns.

*Foto destacada de Froján de Gabri Lamas
Máis
Hora
11 agosto, 2022 21:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
- Mes actual