Este é un evento repetitivo

Solpor Monteferro

19xul19:0023:00Solpor MonteferroFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:00 - 23:00

Detalles do eventos

O festival co “mellor escenario do mundo” celebra a súa sétima edición no alto de Monteferro con dúas xornadas de música. Música en directo mentres o sol se esconde entre as Cíes. Esa é a tarxeta de presentación de Solpor Monteferro, o festival de Nigrán que se celebra esta semana e conta coas actuacións de seis bandas galegas. Tal e como xurdiu no 2017, o obxectivo é gozar da música ao aire libre nunha contorna privilexiada, no cumio de Monteferro, un palco proxectado cara ao Atlántico sobre as illas Estelas.

Ambos días os concertos empezan as 19:00 e son de balde.

MÉRCORES 19
Adrian Timms
Claudio Gabis Band
BlackStereo

XOVES 20
Carolina Rubirosa
Pa Ti Na Má
The Bigüis

Máis

Hora

(Mércores) 19:00 - 23:00

Localización

Miradoiro de Monteferro

Monteferro, 36340 Panjón, Pontevedra