REVISTA VERAN

05xul19:00'Solpor Monteferro': Gain Over + A Polémica Banda dos Bechuchos + The Gotxos Party + DJ Viktor FloresFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:00(GMT+02:00) Miradoiro de Monteferro

Detalles do eventos

O Concello de Nigrán abre a súa programación de verán coa novena edición de Solpor Monteferro os días 4 e 5 de xullo, un evento con concertos de balde a partir das 19:00 h. Celébrase nun espazo memorable co “mellor escenario natural do mundo”, no Miradoiro de Monteferro. Ademais, este ano estréase o Nigranbus, un servizo gratuito de autobús para chegar ao recinto.

A programación é a seguinte:

Venres 4 de xullo:

  • Los Wavy Gravies: banda roqueira con músicos consolidados na escena galega.
  • Mambas negras: un quinteto da comarca con grandes músicos galegos.
  • Zalomon Grass: un trío cun estilo definido como ‘Cosmic Blues’, fusionando o Rock clásico dos anos 70 cunha base rítmica de guitarras e melodías potentes.

Sábado 5 de xullo:

  • Escola de Música Gain Over: nada en Nigrán no 2013 para favorecer a creación de grupos no concello.
  • A Polémica Banda dos Bechuchos: formada en 2005 por un grupo de músicos da banda Lira de San Miguel de Oia, cun repertorio versátil que vai desde o rock ata a música popular.
  • The Gotxos Party: banda galega nada no Val Miñor nos 2000 que traballa xéneros como o Punk Rock, Heavy e o Ska Happy.
  • DJ Viktor Flores: DJ nigranés, co-fundador do colectivo e Festival Sinsal. Programador musical do Marisquiño e co-programador da sala Mondo Club.

O Nigranbus realizará un percorrido circular de 19:00 h a 00:00 h. Parte da primeira rotonda do SAU de Monteferro ao Monumento á mariña, e viceversa.

Ademais, o evento é inclusivo e ofrece mochilas vibratorias para as persoas xordas, baixa previa solicitude contactando coa organización (mail: info@entresignos.com).

Trátase dunha experiencia única e un referente musical en Galicia, nunha contorna natural con vistas ao mar na que gozar de bandas locais e emerxentes.

Máis

Hora

5 xullo, 2025 19:00(GMT+02:00)

Localización

Miradoiro de Monteferro

Monteferro, 36340 Panjón, Pontevedra

Other Events