Sofía e as postsocráticas – A Movida

decembro, 2018

05dec20:00Sofía e as postsocráticasTEATRO | De balde20:00 Auditorio Municipal do Concello

Máis

Detalles do evento

Sofía e as Postsocráticas é unha obra que aborda a violencia sexista, profundando nas causas da estrutura do abuso.
Tres personaxes no escenario: Sócrates, Platón e Aristóteles (interpretados por mulleres) tentarán atopar un novo patrón interpretativo da realidade, no que podamos calcular que é ou que non é violencia sexista. Xunto cos personaxes e mediante o uso de máscaras, a dramaturxia tamén ten elementos audiovisuais e de son que nos axudarán a reflexionar sobre a nosa responsabilidade como sociedade neste sentido. O pacto patriarcal, o silencio como resposta, o valor ontológico, a culpa da vítima, a negación ou a síndrome do espectador son as liñas da historia que transpiran os nosos personaxes.

Hora

(Mércores) 20:00

Lugar

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X