REVISTA ABRIL

31mai20:00'Sobre'ESPECTÁCULOS | -20:00(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

Tras os dous primeiros canchales con Juan Navarro e Terrorismos de autor, o próximo 22 de marzo de 2024 estrearase Sobre, 14 propostas temáticas por se ti tamén te aburres en Teatro Ensalle.

A estrea presentarase como uno máis dos distintos procesos específicos que compoñerán todo o percorrido do proxecto, xa que Sobre será unha secuencia de momentos escénicos nos que Raquel Hernández, Artús Rei e Pedro Fresneda compartirán un espazo de investigación. Este espazo mutante seguirá sendo compartido con Terrorismo de Autor e Juan Navarro nalgúns dos momentos de exhibición da vida de Sobre.

O traballo arguméntase a través de -un falso catálogo de asuntos- como reacción á homoxeneidade temática das sociedades contemporáneas. Do mesmo xeito adquire relevancia o feito de que cada momento escénico sexa, valéndose do mesmo texto, unha peza distinta, pretendendo eludir o momento industrial polo que atravesan as artes vivas. Evitando o produto.

RESERVA ENTRADAS AQUÍ

Máis

Hora

31 maio, 2025 20:00(GMT+02:00)