VIALIA
bannerPicnicSesions

Smoke on the water

11mar20:00Smoke on the waterESPECTÁCULOS | 10,00€20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Compañía: Ibuprofeno Teatro

Traxicomedia sórdida con música en directo. Unha historia de sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor. Ritchie (Blackmore) vive ancorado no Rock and Roll dos 70, ten unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. A súa
unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións de dependencia imposible de desenlear. Este “status quo” absurdo, en continua combustión, vese ameazado pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que namora perdidamente de Janis, ao tempo que establece unha fonda amizade con Ritchie.

Público adulto.

Duración: 85 minutos

Entrada única: 10€

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events