Skirl + Martillo – A Movida

outubro, 2018

20out22:00Skirl + MartilloCONCERTO | Desde 4,00€22:00 El Gato De Schrödinger

Máis

Detalles do evento

SKIRL é un power-trío proveniente de Pontevedra, formado en 2011, que realiza un estilo influído tanto polo rock máis clásico de bandas como Led Zeppelin e Black Sabbath, como do grunge máis pesado e enérxico de bandas como Soundgarden ou Alice in Chains. Actualmente contan cun disco, de nome homónimo ( SKIRL), que fará as delicias dos fans do son rock noventero adaptado aos tempos actuais.

 

MARTILLO é un grupo formado en Vigo a comezos de 2016 e que desde entón, deixaron a súa pegada en salas míticas como La Iguana, Fábrica de Chocolate, ou Sala Master, e participado en festivais como o High Gain Fest ou o Rock is Dead Fest de Santiago. Este potente cuarteto promete unha noite de distorsión e alta ganancia na que caldeará o ambiente con riffs pesados e psicodelia lisérxica. A súa mestura de stoner denso e pasaxes instrumentais próximas ao postrock non deixará indiferente a ninguén.

4€ ANTICIPADA / 5€ DESPACHO DE BILLETES

Hora

(Sádado) 22:00

Lugar

El Gato De Schrödinger

Rúa Rogelio Abalde, 14, 36201 Vigo, Pontevedra

X