8MDEPUTACION
bannerVialia

17feb21:00AprazadoSIWO CONCERTOS | Desde 10,00€21:00 Radar Estudios

SIWO 

Siwo é o alter ego de Simonal Bie, produtor, vocalista, beat-maker, etnomusicólogo e bailarín de orixe mozambiqueño afincado en Barcelona. Simonal é considerado un dos pioneiros en impulsar a escena do Afrobeat a nivel nacional por fundar a mítica banda de afro-funk Moya Kalongo fai dez anos. Máis tarde, en 2016 crea Nu Epoque, unha formación de Nu Soul e electrónica con fortes influencias de J Dilla e Fela Kuti. Siwo é a culminación destes proxectos nunha aposta máis persoal, na cal explora a súa identidade como artista multidisciplinar da diáspora africana.

Tras lanzar en solitario o seu EP Stand For, Siwo describe o seu son como ”electrónica afrofuturista con pinceladas de hip hop, punk, soul e afrobeat”. As súas explosivas actuacións en directo acentúan a súa versatilidade como músico, produtor e performer.

Mercar entradas

Máis

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

X