xuño, 2019

13xuñ19:30‘Sistemas aéreos non tripulados (drones), pasado, presente e futuro'CHARLA | De balde19:30 Biblioteca EMAO

Máis

Detalles do evento

O Instituto de Estudos Vigueses, en colaboración coa Universidade e o Concello de Vigo, organiza o Fórum IEV 2019, un ciclo de conferencias que arrancou en xaneiro e se prolongará ata o vindeiro mes de decembro.

Este mes a conferencia corre a cargo de Higinio González, profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e investigador do grupo GeoTech da Universidade de Vigo, que ofrecerá o relatorio Sistemas aéreos non tripulados (drones), pasado, presente e futuro. Na súa intervención, o experto fará un repaso polas evolucións tecnolóxicas dos últimos anos grazas aos drones, que produciron unha democratización dos servizos aéreos. Ademais, avanzará nas previsións de crecemento das próximas décadas deste sistema aéreo non tripulado e as súas futuras apliacacións en eidos como a loxística ou a robótica industrial.

Hora

(Xoves) 19:30

Lugar

Biblioteca EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

X