Sísifo Confuso. Traballos e días de Francisco Leiro – A Movida

xullo, 2018

19xul22:00Sísifo Confuso. Traballos e días de Francisco LeiroPROXECCIÓN | De balde22:00 Praza da Estrela

Máis

Detalles do evento

Proxección do documental “Sísifo Confuso. Traballos e días de Francisco Leiro” de Aser Álvarez para Arraianos Producións.
A música Lucía Martínez interpretará en directo fragmentos dos temas da BSO do documental.
O documental é o resultado de máis de tres anos de traballo documentando e filmando o día a día de Leiro nos seus espazos de traballo, como os seus talleres en Cambados, Madrid e Nova Iorque. Supón, ademais a primeira vez que o artista permite que unha equipa de rodaxe entre nos seus lugares de creación polo que este proxecto permite coñecer, desde un punto de vista moi íntimo e persoal, o seu traballo.

Hora

(Xoves) 22:00

Lugar

Praza da Estrela

Plaza Estrela, Vigo, Pontevedra

X