REVISTA SETEMBRO

SinSal pecha o verán cunha xornada no Mosteiro de Oia

29ago19:00SinSal pecha o verán cunha xornada no Mosteiro de OiaCONCERTOS | 12,00 €19:00(GMT+02:00) Mosteiro de Oia

Detalles do eventos

O festival Sinsal pecha a edición de 2023 coa presentación do Escenario Océano x FEST Galicia, que incluirá a actuación do grupo As Donas e actividades paralelas.

O Mosteiro de Oia acollerá o martes 29 de agosto, entre as 19:00 e as 21:00 horas, un concerto de música instrumental no que o repertorio xirará arredor da obra de mulleres compositoras dos séculos XVII e XVIII.

Concerto Das Donas: A pegada feminina na historia da música, actuación que ofrecerá a agrupación conformada por Pilar Moráguez (soprano), Marta López (cravo), Elena Vázquez (violín barroco) e María José Pámpano (violín barroco e dirección artística). O ensemble presentaráun repertorio de música instrumental formado, de forma exclusiva, pola obra de destacadas compositoras do Renacemento e do Barroco. Así, na cita o público poderá descubrir obras de autoras como Francesca Caccini, Isabella Leonarda, Bárbara Stroozi ou Élisabeth Jacquet de La Guerre. 

A xornada complétase con dúas actividades previas ao concerto:

  • Visita guiada ao mosteiro, declarado BIC con tres paradas (Praza de armas, Claustro e Patio das Laranxeiras) e que contará cun número limitado de prazas (75).

  • Experiencia inmersiva 360º no mundo submarino da ría de Vigo a través de lentes de realidade virtual. Serán experiencias individuais, de tres en tres persoas, que estarán acompañadas coa interpretación das imaxes que se están a ver. A realización desta experiencia será por orde de chegada e outorgarase un número ou quenda para participar da iniciativa.

Entradas: As entradas para a xornada xa se poden adquirir, por 12 euros, na plataforma en liña www.enterticket.es

Máis

Hora

29 agosto, 2023 19:00(GMT+02:00)

Localización

Mosteiro de Oia

Other Events