VIALIA
bannerPicnicSesions

Sinsal Museo do Mar

21nov13:00Sinsal Museo do MarFESTIVAIS E FEIRAS| Desde 8,00€13:00(GMT+01:00) Museo do Mar

Detalles do eventos

Tres xornadas de concertos que aúnan tradición e vangarda entre os días 13 e 21 de novembro. Así será o novo Sinsal Museo do Mar, o ciclo de Sinsalaudio que se celebrará a partir deste sábado na cidade de Vigo e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través do Xacobeo 21-22. Xunto ao concerto inaugural de Luísa Sobral, que terá lugar o vindeiro sábado 13 no Teatro Afundación, artistas como Nico Casal, Marco Maril, Verde Prato, rebe, Nacho.Faia.Lar e Adrian Timms sumaranse a semana que vén ao evento, que amplía a súa programación con dúas xornadas de celebración no Museo do Mar.

O ciclo completará a súa programación cos novos directos que se celebrarán no Museo do Mar na tarde do sábado 20 (17.15 a 22.00 horas) e na mañá do domingo 21 (13.00 a 14.00 horas) e para os que xa está activa a venda de entradas en enterticket.es. Unha ampla variedade estilística fiada pola  contemporaneidade, a proximidade e as voces femininas definen esta programación, que recolle propostas diversas e pouco habituais no circuíto das salas de concertos ou festivais e varias estreas ante o público vigués. 

Catro tipos de entrada para o Museo do Mar

Xunto aos nomes que completan o cartel, outra das novidades deste Sinsal Museo do Mar é que a organización ofrecerá catro tipos de entrada, á venda: un bono para asistir a todos os concertos do sábado 20 (25 euros), entradas para público maior de 12 anos (8 euros cada sesión), billetes para menores de 12 anos ou desa idade no momento de celebración (3 euros) e, finalmente, entrada de balde para as e os menores de 3 anos. Á hora de realizar a compra na plataforma Enterticket, o público poderá escoller o tipo de billete que lle interese.

Para máis información sobre a programación, artistas e horarios, o público pode consultar o sitio web https://festival.sins.al/gl

Esta é a programación por días:

20 de novembro, 17.15 a 20.00 horas | Museo do Mar
17.15 – Marco Marill
18.15 – Adrian Timms
19.15 – Verde Prato
20.10 – rebe
21.00 – Nacho·Faia·Lar

21 de novembro, 13.00 horas | Museo do Mar
Concerto de clausura con Nico Casal

Máis

Hora

(Domingo) 13:00(GMT+01:00)

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events