Sinsal: María del Mar Blanco Moreno – A Movida

outubro, 2018

24out15:30Sinsal: María del Mar Blanco MorenoCONCERTO | De balde15:30 Escola de  Telecomunicacións

Máis

Detalles do evento

O mércores 24 de outubro a profesora e concertista María del Mar Blanco Moreno entra na cámara semianecoica de Telecomunicacións en dúas sesións, 15:30 e 16:30.

En colaboración coa Orquestra Clásica de Vigo, será unha experiencia única, escoitar a esta intérprete que, tanto no piano como no clave, como solista ou formando parte de grupos de cámara, é unha virtuosa que tamén destaca no ámbito da música contemporánea.

A cámara semianecoica é un espazo deseñado e recuberto para absorber as ondas sonoras e electromagnéticas. Unha sala, na Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, na que practicamente non hai eco nin reverberacións.

Os músicos que até agora participaron nesta experiencia destacan o silencio, a percepción multiplicada e, polo tanto, o coidado e a adaptación que requeriu a actuación en directo.

Capacidade limitada. Inscrición en info@sinsalaudio.org

Hora

(Mércores) 15:30

Lugar

Escola de  Telecomunicacións

Campus Lagoas-Marcosende, Rúa Maxwell, s/n, 36310 Vigo, Pontevedra

X