OV430

11dec20:00Sinfónica de GaliciaCONCERTOS | Desde 13,30 €20:00(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

A Sinfonía n.º 5 en si bemol maior de Anton Bruckner soará mañá, 11 de decembro, no Teatro Afundación interpretada pola Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG), que comparecerá dirixida por Josep Caballé Doménech. O concerto servirá para clausurar a Tempada de Abonos de Clásica da Obra Social de ABANCA en Vigo. As persoas que non dispoñan de abono e queiran asistir poden buscar as súas localidades en Ataquilla.com. Apenas quedan butacas dispoñibles. Desde o pasado mes de xaneiro, a Tempada de Abonos de Clásica do Teatro Afundación programou un total de 10 concertos. As persoas asistentes puideron gozar de sesións musicais coa Orquesta Sinfónica de Galicia, a Hamburger Elbphilharmonisches Sextett, a Real Filharmonía (RFG) e o Orfeón Terra A Nosa. A Tempada de Abonos fixo comparecer sobre o escenario do Teatro Afundación directoras e directores de diferentes países e solistas que tocan habitualmente xunto a algunhas das mellores orquestras do planeta. Mesmo houbo estreas mundiais. As persoas que asisten a estes concertos poden facelo mercando abonos bonificados ou adquirindo entradas soltas cando quedan dispoñibles. O equipo de Cultura de Afundación traballa xa na nova Tempada de Abonos de Clásica, que comezará a inicios de 2026.

A presenza das composicións do austríaco Anton Bruckner (1824-1896) é unha constante nos repertorios das principais orquestras do mundo. Bruckner foi un dos grandes creadores musicais do romanticismo en Alemaña. Escribiu a Sinfonía n.º 5 en si bemol maior entre 1875 e 1878, na súa frutífera época vienesa.

Entradas

Hora

11 decembro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events